"Merenda con pan de millo"

Escena de Merenda con pan de millo

“Merenda con pan de millo” é un espectáculo de pequeno formato (máximo 150 persoas) baseado no Libro-disco Pan de millo, editado pola Editorial Kalandraka e coa produción musical a cargo de Paulo Nogueira e Magoia Bodega, do grupo Treixadura. Nel combínanse cancións e narración oral, co proceso de elaboración do pan de millo como fío condutor. Os temas musicais que se interpretan son: “Pan de millo”, “O piollo e a pulga”, “Unha vella tiña un can”, “Que cousa, cousiña é?” e “Miña “Abuela Manuela”. A música está gravada (toca unha banda de pulgas) mais as voces solistas son en vivo.

  • Idioma: galego
  • Público preferente: infantil e familiar
  • Xénero: comedia e canción infantil

Observacións: límite de espectadores: 150.

Pan de millo no facebook

  • Guión e dirección: María Campos e Carlos Yus

Elenco:

  • Panadeiros: María Campos e Carlos Yus
  • Duración: 1 hora.
  • Tempo de montaxe: 2 h
  • Tempo de desmontaxe: 1,5 h
  • Medidas do escenario
    • Ancho: 4 m
    • Altura ata o teito: 2,5 m
    • Fondo: 3 m
    • Potencia eléctrica : 8.000 W